lunes, 25 de abril de 2016

OUTRO RETO DE MOEDAS

Tiñamos nove moedas colocadas nun cadrado, coa moeda central na posición oposta ás demais. Movendo de cada vez tódalas moedas da mesma fila, columna ou diagonal, tiñamos que poñelas todas no mesmo sentido.Conseguimos atopar moitas solucións posibles.

Entrada publicada por Cristian, Iris, Mario e Raúl en oblogueguai.com

CSI DE "EL CASCANUECES"

Hoxe fixemos o CSI coa canción "El cascanueces" de Tchaikovsky. É unha canción de ballet que se soe representar o día do Nadal.







Entrada publicada por Cristian, Iris, Mario e Raúl en oblogueguai.blogspot.com


lunes, 11 de abril de 2016

BOLBORETAS DE ORIGAMI

Coa chegada da primavera chegan tamén as bolboretas. Aquí tedes as que fixemos nós:


Se queredes intentalo vós, ou facer algunha máis, mirade este vídeo:

Entrada publicada por Cristian, Inés, Iris, Mario e Raúl en oblogueguai.blogspot.com


XOGÁMOLO A CARA OU CRUZ

Facemos unha fila de catro moedas e, movendo cada vez tres moedas, dámoslle a volta a todas. Esta foi a solución que atopou Cristian:






Entrada publicada por Cristian, Inés, Iris, Mario e Raúl en oblogueguai.blogspot.com






lunes, 7 de marzo de 2016

ROMERO BRITTO

Fixemos a nosa interpretación dunha obra de Romero Britto. Encantounos polas súas cores vivas e intensas. Esta é a obra orixinal:

Estas son as nosas versións:

RAÚL

CRISTIAN


IRIS

INÉS
 
MARIO

Ademais, intentamos meternos nesta obra cos cinco sentidos, e deducimos que:

ESCOITAMOS... sons da natureza, paxaros cantando, o mar, os peixes nadando, os nenos rindo, ...

OLE A.... natureza, aire fresco, ao mar e aos animais.

SABE A... natureza, a auga salgada, doce (pois ao ver tantas cores lembramos as gominolas), a peixe, ...

TEN UN TACTO... suave (polo pelo dos animais), áspero (pola cuncha da tartaruga), quente (pola luz do sol), ...

VEMOS... animais de verdade e de peluche, nenos, o mar, o sol flores, plantas, herba...

Entrada publicada por Inés, Iris, Mario, Raúl e Cristian en oblogueguai.blogspot.com

miércoles, 2 de marzo de 2016

NOVIDADES

Levamos varios días sen publicar nada, pois unha semana non tivemos Internet na aula e á seguinte a profe non veu. Pero non vaiades pensar que non traballamos nada! Aquí tedes algunhas novidades: 


Xogamos ao Trivial. Encántanos, porque ademais de pasalo moi ben, aprendemos moitos datos curiosos sobre distintos temas.

O reto dos números atrapados:debiamos colocar os números do 1 ao 8 no cadro, pero dous números consecutivos non podían estar pegados. Conseguimos resolver o reto e a cada parella saiunos unha solución diferente.
 

jueves, 11 de febrero de 2016

O C.S.I.

Hoxe fixemos o C.S.I. da canción "No Woman, No Cry" de Bob Marley. Pareciunos unha canción moi tranquila e bonita. Tamén aprendemos onde está Xamaica.


Entrada publicada por Cristian Inés, Iris, Mario y Raúl e oblogueguai.blogspot.com